Os candidatos da Costa da Morte non acadaron ningún escano nas eleccións xerais
CARBALLO
Había presenza da comarca nas listaxes de PP, PSOE e BNG
25 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Costa da Morte estivo representada nas listas para o Congreso ou o Senado, pero os candidatos da comarca non acadaron ningún escano. A presenza máis pobre foi a do PP. O alcalde de Cabana, José Muíño, pechaba a relación de suplentes.
No caso do PSOE houbo bastante máis atención á Costa da Morte. Na quinta posición na provincia para o Congreso, con algunha que outra posibilidade segundo sexa o próximo Goberno, estaba o corcubionés Jorge Domínguez Castro; na oitava, o exmandatario pontecesán Lois García Carballido, e en postos de suplencia, o coristanqués José Manuel Pérez Abelenda e o fisterrán José Marcote Suárez. En canto ao Senado, o camariñán Fabián Canosa era o terceiro aspirante da provincia, e a larachesa Inés Ramos, suplente da segunda candidata coruñesa.
O BNG, polas súa banda, tiña nas súa lista ao Congreso ao concelleiro coristanqués José Antonio Andrade, así como á camariñá Ana María Pasantes Bouzas e á carballesa Belén Lendoiro Esmorís, estas últimas xa en postos de suplencia. Para o Senado, concorría como segundo suplente do segundo candidato o tamén carballés Alberto Liñares Lamas.