A Costa da Morte estoura en festexos das Letras Galegas

Patricia Blanco
PATRICIA BLANCO CARBALLO / L VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Dende Carballo ata Fisterra: un feixe de propostas para seguir dándolle pulo á lingua e á literatura que marcan unha terra

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

17 de maio, Día das Letras Galegas, e na Costa da Morte unha boa morea de lugares onde festexalas, dando continuidade a actividades de días precedentes:

Carballo

Xardín municipal e Praza. Dende as 11.00, pasarrúas da banda de gaitas municipal. Apertura de Letras na rúa a esa mesma hora e inicio do XI Concurso Infantil de Pintura e Debuxo Luís Calvo, organizado un ano máis por Lumieira, coa colaboración de Fundación Luís Calvo e Concello. No xardín, ás 11.30, monicreques con Inacio Vilariño: A viaxe feliz de Ramón San Fiz. Ás 12.30, intervención da Escola de Regueifa de Carballo. Ás 13.00, na rúa Coruña, Concerto das Letras coa Banda de Música do CMUS, coa colaboración da banda de gaitas e coro do centro.Tamén en Carballo, pero no Espazo Xove levarase a cabo o sexto Torneo Letras Galegas de xadrez, das 16.00 en adiante. É valedoiro para o ELO internacional de rápidas e repartirá trofeos en categoría xeral e por idades. Superan o centro de inscritos, mais houbo que establecer listaxe de agarda.

Ponteceso

A Fundación Pondal promove para hoxe os actos de O Dezasete, que inclúen música, artesanía, letras e entrega de Bos e Xenerosos (toda a información, aquí).

Vimianzo

Pasarela, como xa vén sendo tradicional, é a capital das Letras hoxe en Soneira. Será unha tarde de música, a partir das 16.00, presentada por Paula Mouzo e Damián Álvarez. Promove Asvepa e colabora o Concello. Máis información, aquí.

Coristanco

Ás 10.00, con saída da Praza, roteiro literario Asunción Antelo. As 11.00, na praza da igrexa de Seavia, poesía e música na memoria da Rexoubeira. Ás 20.00, no Edificio de Servizos Múltiples, Concerto das Letras coa Coral Santa Cecilia e a Coral Polifónica de Cecebre.

Cee

Música tradicional galega soará a partir das 12.30 horas por rúas e prazas da vila da man de ARCE Pedras Miúdas, Mestura Fol e Nin chica nin patacón.

Malpica

Das 17.30 en adiante, no recinto da Casa do Oleiro, primeira edición da Ruada Nun Mar de Letras. Actuacións de Meigallo e Riola, de Carcaxía; de Feiticeiras de Malante, e do grupo de música da asociación Raigañas. Engadido a todo isto, actuación da agrupación Pan Sen Fron.

A Laracha

Na Casa da Cultura, ás 18.00, clausura da Escola Municipal de Teatro, grupo adultos: obra Suspéndese a función. Doutro lado, no baixo da biblioteca municipal, ata o domingo, estarán expostos pola tarde (de 17.00 a 21.00) traballos de manualidades, macramé... feitos durante o curso que agora remata.

Zas

No auditorio de Baio, ás 17.00 (adiántase unha hora), teatro escolar. Grupo Elas, do IES Maximino Romero (obra O partido) e grupo de teatro de cuarto de primaria do Labarta Pose (obra O transplante de corazón). Colaboran Badius e Concello.

Camariñas

Ás 12.00, na Casa de Pedra, función Historia dunha nena namorada do mar, coa vimiancesa Soraya Lema. Logo, entrega de premios do certame literario convocado polo Concello.

Fisterra

Da man do Concello festexarase este 17 de maio cun concerto do dúo de piano e voz integrado por Cristian Leggiero e Paty Lesta. Ofrecerán un repertorio centrando na música galega: alalás, cancións de labor... Por outra banda, ás 19.00 horas, na Casa Lestón (Sardiñeiro), con acceso libre, presentación da obra Ramón Marcote Obra en prosa Vol. 1, coordinado por Modesto Fraga, con quen se poderá departir. Organiza Biblioteca da Fisterranía.

Laxe

A Trastenda Contacontos (Caxoto) viaxará hoxe ata o salón de actos culturais do Concello de Laxe, onde ás 18.30 horas ofrecerá Unha galaxia chea de Letras. Tributo, entre outros, a Francisco Fernández del Riego.