O Apaga o Candil máis grande da historia e outras citas para hoxe na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

LETRAS GALEGAS | Así bota a andar a semana do 17 de maio na comarca

15 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Comeza forte a semana das Letras na Costa da Morte. Á cabeza deste luns, Carballo, onde está programado o Apaga o Candil máis grande da historia, con 1.600 alumnos na Praza (11.30) cantando esta peza en memoria de O Xestal. Presentan Gayoso e Xurxo Souto. En Coristanco, doutro lado, recibirán ás 18.00 a Caxoto: Unha galaxia chea de letras. En Malpica, ás 11.00, para alumnado, Condetrespés representará Crónicas clásicas. En Baio, no IES Maximino Romero, bota a andar a 17.ª Semana Cultural. Por Dumbría terán ao mago Paco ás 11.00 e, por Camariñas, a Animalario fantástico, ás 18.30 na biblioteca. En Corcubión, ás 11.00, gozarán na escola infantil de Viaxando cos anduriñas, sesión de danzacontos.