José Ramón Rojo, de Pacor de Corcubión: «A política entre BNG e PSOE é ter un pobo conxelado »

f. rodríguez / c. viu CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

A CARREIRA ELECTORAL | O que foi tenente de alcalde e concelleiro de Obras aspira a ter maioría e só pactará se lle ofrecen a alcaldía, aínda que sexa do novo co PSOE

28 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Cinco partidos participarán nas eleccións en Corcubión e todos teñen representación no Concello. Un deles é José Ramón Rojo Rodríguez, que volve a presentarse por Pacor (Partido Autónomo de Corcubión. «Hai moito que loitar nestas eleccións», di o aspirante.

—Parece difícil sacar a maioría absoluta con tantas formacións.

—Desde o meu punto de vista, vendo o que pasou nestes catro anos, eu vou ir a pola maioría de que o pobo dea un xiro de 180 grados. Pode pasar, nunca se sabe.

—Está disposto a pactar como xa fixo co PSOE ao inicio deste mandato?

—Durou pouco porque, como xa comentei, houbo unha alta traizón con simpatizantes e axuda por parte do BNG e iso deu un caciquismo entre socialistas e o Bloque que é o que agora mesmo ten que valorar o pobo.

—Chegou a ser concelleiro de obras.

—Si, si. Estiven traballando case cinco meses de forma intensa porque vin que había unha cantidade moi importante de cousas sen facer.

—A experiencia fainos pensar que non volvería a facelo.

—Eu teño moi claro que o único pacto, se houbese que facelo sería que me propuxeran a min para alcalde, porque vendo o que vin non confío en ninguén. O que me fixeron non llo faría eu a ninguén, teño moi claro.

—Que obxectivos se marca?

—A idea é ir a pola maioría, explicándolle ben ao pobo porque agora podo dar unha información con coñecemento de causa porque fun tenente de alcalde e concelleiro de obras e podo dicir que a política entre BNG e PSOE é ter un pobo conxelado. O motivo é que para que exista un bo caciquismo o bo é que non prospere o pobo. Ese é o meu punto de vista. 

—Que podemos destacar do programa?

—O que destaco moitísimo do meu programa, se chegase a gobernar, é abrir o centro de día porque é vergoñento que unha instalación rematada desde hai quince anos non estea aberto. É vergoñento para os políticos que estiveron mandando durante décadas que quedase así. Penso que xa pouco máis teñen que dicir de prometer nada cando foron totalmente moi inútiles, por así dicilo, de non abrir un centro de día que tanta falta fai non só para Corcubión senón para a comarca da Costa da Morte.

—Algunha proposta máis?

—Temos tamén a proposta de facer unha escola obradoiro para acabar dunha vez por todas coa política do pelotazo porque aquí chegan os cartos e van de volta outra vez. A escola obradoiro é para ensinar os distintos oficios e que o diñeiro poida quedar no pobo e se poidan abrir locais de todo tipo, como carpinterías ou mecánica, fontanería, electricidade e mesmo agricultura porque iso, penso eu, é o que pode facer vida nun pobo. O triste é que veñen políticos de grandes nomes dicindo que invisten miles de euros e o pobo segue pechado.

A LISTA

1. José Ramón Rojo Rodríguez

2. Marom Nozik Ayoubi

3. Arancha Trillo Agulleiro

4. Leonor Rocío Meijide Mouzo

5. Alberto Ernesto Muñoz Reyes

6. Ángela Rojo Lema

7. Magdalena Claudia Trillo Traba

8. Manuel Rojo Lema

9. Hortencia Abdul Hamid

Suplentes

1. José Santamaría Oca

2. María del Carmen Rojo Rodríguez

Na lista electoral do Partido Autónomo de Corcubión figuran varios familiares do candidato á alcaldía de Corcubión como súa esposa e unha irmán, que pecha á relación como suplente.

preferencias

  • A qué hora se ergue? Ás 7
  • Que almorza? Un café con leite
  • Un prato preferido: Peixe á grella e tortilla
  • Que non comería? Caracois
  • Bebida preferida: Cervexa
  • Equipo de fútbol: Deportivo
  • Que coche ten? Citröen C2
  • Unha afección: Andar
  • Un lugar: Quenxe
  • Redes sociais que utiliza: Whatsapp

artes e letras

  • Escritor ou escritora favoritos: Juan Ramón Jiménez
  • O último libro que leu: De cociña de Arguiñano
  • Última película que viu: Braveheart
  • Un artista: Luz Casal
  • Un actor: Antonio Banderas
  • Una actriz: Penélope Cruz
  • Un cantante ou grupo: Bisbal
  • Tipo de música: Toda
  • Deporte que practica: Andar
  • Unha viaxe pendente: Canarias