Pedras Miúdas e Carcaxía traen para a Costa da Morte premios do concurso de Xiradela

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Celebrouse este domingo en Arteixo, acadando un primeiro e un segundo posto, respectivamente

24 abr 2023 . Actualizado a las 16:38 h.

A 23.ª edición do Concurso de Música Tradicional da asociación xuvenil Xiradela, celebrado este domingo no centro cívico de Arteixo, deixou boas novas para a Costa da Morte. Entre os 52 grupos de 26 asociacións das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, un total de 386 persoas participantes, houbo varias da comarca no podio. 

Máis concretamente, na categoría B, de 11 a 13 anos, onde o primeiro premio (300 euros) veu parar a Cabaleiras do camiño, de Pedras Miúdas de Lires (Cee). Doutra banda, na categoría D (de 18 anos en adiante), mereceron o segundo posto (200 euros) Do rivés, de Carcaxía (Seaia, Malpica). «Levamos 15 anos coidando do noso, da nosa cultura, da nosa música, da nosa fala. Co empeño e a adicación da directiva, das nais e pais, seguimos avanzando. Non é o máis importante recibir premios, pero non imos negar que nos reconforta, desde logo que si», publicou Pedras Miúdas nas súas redes. 

Pandereteiras As Xaviñanas
Pandereteiras As Xaviñanas

Nemeth de Carballo, Abaladeiras de Muxía, Adro de Baio, Escola da Rúa de Vimianzo e Universidade Popular de Corcubión participaban tamén neste certame. Dende esta última entidade, as pandereteiras As Xaviñanas, a quen o Concello corcubionés quixo felicitar este luns polo seu bo facer: interpretaron unha peza local a varias voces cun toque característico de Corcubión.