Nomes da comarca entre os finalistas aos premios de teatro María Casares

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Wombo Combo, de Galeatro, Dani Trillo ou Vítor Mosqueira optan aos galardóns, que se entregarán o 30 de marzo

02 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Quince espectáculos competirán en calidade de finalistas por algún dos 16 galardóns que se entregarán na gala dos 28.º Premios de Teatro María Casares, prevista para o 30 de marzo no teatro Rosalía de Castro. A selección foi dada a coñecer onte, na Festa de Finalistas, e nela traballos e nomes ligados á Costa da Morte. É o caso de Wombo Combo, obra de Galeatro, primeira compañía profesional de teatro de Carballo. Trátase, ademais, dunha coprodución co festival FIOT, no que se estreou este 2022. Dani Trillo, doutro lado, optará ao premio ao mellor espazo escénico, ao que concorre polo seu traballo en A peste, do Centro Dramático Galego. Ao galardón de mellor actor protagonista concorre o cormelán Víctor Mosqueira, por O porco de pé, de Excéntricas