02 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Rama, capitán. A calquera rapaz que lle guste o fútbol lle gustaría ser coma ti ou estar no teu equipo. Un equipo polo que ti sentes e deches todo, chegando moito máis alto do que nunca ninguén puido imaxinar. Ascensos, ligas e copas, pero tamén estiveches sempre presente no malo, dando a cara como poucos. E iso é envexable.
Grazas por estes anos sendo o teu segundo capitán. Houbo moitos bos momentos, aínda que tamén malos, pero eu sempre quedarei co que amamos este club, que é o máis grande para nós. Sorte no que veña. Un pracer, amigo.
Josiño.