Modesto Fraga loou as glorias de Duio e dos seus personaxes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

O poeta fisterrán foi esta fin de semana o pregoeiro das festas de San Vicenzo de Duio

23 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O poeta Modesto Fraga foi esta fin de semana o pregoeiro das festas de San Vicenzo de Duio, en Fisterra, «outrora unha próspera e rica cidade». Lembrou Fraga o pasado romano do lugar e a cita do Códice Calixtino na que a raíña Lupa lle aconsella aos discípulos de Santiago que lle pedisen permiso ao rei de Duio para enterrar o restos do Apóstolo. Non pasou por alto tampouco o material arqueolóxico atopado na cidade asolagada: citanias, mámoas, cerámicas, fornos, aras romanas. Destacou, por outra banda, o papel de recompilación de Francisco Esmorís Racamán e subliñou algúns dos seus textos ao respecto desta parroquia.

Modesto Fraga tamén lembrou a persoeiros como Mateo Pérez Valdivieso, promotor da capela do Bo Suceso; o párroco que fixo rico aos seus fregueses, e mais Matías M. Escariz y Méndez, o crego poeta.