A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel

M. López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CAMARIÑAS

Será en abril, pero axiña terá protagonismo nesta vindeira edición de Fitur 

17 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha muller vestida con encaixe branco que, dende unha alfombra vermella en Reira, contempla a paisaxe máis recoñecible do municipio de Camariñas: o Cabo Vilán e a silueta do seu histórico faro. Esa é a imaxe elixida para o cartel da trixésimo segunda edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará no vindeiro mes de abril e que esta semana tamén terá o seu momento de protagonismo en Fitur.

Será no estand de Turespaña, onde a alcaldesa, Sandra Insua, presentará o vídeo promocional da cita, amosará o cartel e falará do lema elixido para este ano: «Camariñas está de moda».

CAMARIÑAS

De forma paralela, e para lograr un efecto multiplicador nesa promoción, e como xa se fixera no 2022, información sobre a Mostra será proxectada nunha das grandes pantallas publicitarias da céntrica praza madrileña de Callao, ao carón da Gran Vía. Dende onte, e ata o domingo, a gran cita coa artesanía camariñá chegará aos milleiros de persoas que cada día pasan por alí.

A trixésimo segunda edición deste evento celebrarase no vindeiro mes de abril, entre os días 5 e 9 concretamente.