Á venda as entradas para o monólogo de Luís Zahera en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Suso Godás

Será o domingo 22 de xaneiro. Levará á vila da Xunqueira «Chungo»

09 ene 2023 . Actualizado a las 19:26 h.

Este vindeiro venres, ás 11.00, o Concello de Cee dará a coñecer toda a súa programación cultural para este primeiro semestre do ano. Algunha das citas iniciais xa se coñece, caso do monólogo do «actor galego do momento», Luis Zahera. Actuará na vila da Xunqueira o domingo 22 deste mesmo mes de xaneiro, ás 19.00 horas, cunha función que leva por título «Chungo». As entradas están á venda tanto na Rede, de forma anticipada, a través da plataforma woutick.es, pero tamén de xeito físico. Neste último caso, pode acudirse á biblioteca, na Casa da Cultura, en horario de 09.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, de luns a venres. Ben coñecida é a faceta cómica de Zahera, de plena actualidade, dende logo, polo seu papel en As bestas, de Rodrigo Sorogoyen, con 17 nominacións para os Goya.