Decembro intenso na Fundación Eduardo Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCIA

Cociña, activismo sénior, educación, contos, teatro, Escola de Inverno... Veñen datas de movemento! 

27 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda non concluído novembro, a Fundación Eduardo Pondal (O Couto, Ponteceso) ten xa deseñado o almanaque para decembro. Empezarán con cociña na Casa da Muller (día 1), unha proposta a cargo do restaurante A Pracería de Laxe. Haberá o 15 outra sesión culinaria, desta volta con Ana Nantón, alumna do CIFP Paseo das Ponteceso. Unha charla sobre alimentación saudable con Sandra Varela (día 3), a aprendizaxe dunha boa práctica educativa en Cerceda (11 de decembro), dúas Xornadas de Activismo Sénior con Solidariedade Internacional Galicia (días 12 e 13), contacontos, feira e teatro (17 de decembro) e Escola de Inverno para os máis pequenos (do 26 en adiante, continuando en xaneiro) son o groso das propostas.

Indican dende a Fundación que a Casa da Muller permanecerá pechada do 5 ao 10 de decembro.