Nova vitoria aos 25 anos de Batallón Literario 

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CEDIDA

Presentado no Museo do Pobo Galego o deuvedé do cuarto de século deste colectivo poético que marcou a Costa da Morte

07 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non podedes nin imaxinar o soño que significa estar hoxe aquí». Pepe Formoso, alma do hotel literario Bela Fisterra e promotor da iniciativa, pronunciouse así o mércores no Museo do Pobo Galego. Alí presentábase o deuvedé Batallón literario da Costa da Morte: 25 anos despois, un traballo coordinado polo poeta Modesto Fraga, proba do que dixera o muxián Manuel Vilar, director do MPG, ao comezo da sesión: «A Costa da Morte é unha terra rica en poetas».

Este traballo audiovisual, obra de Teiga Studio, é un dos froitos da conmemoración desde cuarto de século dun colectivo que se esforzou por sacar a poesía dos deus circuítos habituais, e facelo dende unha comarca daquela (máis) afastada. Unha unión de case 40 voces, as dos vídeos que Fraga foi publicando nas redes a finais do 2021, por ese aniversario. «É unha feliz iniciativa que este proxecto vinculado ás redes teña vida agora a través dun DVD», afirmou Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, tamén presente no acto do mércores. Festexou «o entusiasmo» compartido por todos os autores. As súas voces escoitaranse nos centros educativos. Cerró la velada el talento de Manoele de Felisa.