Asistencia presencial a las aulas científicas en el dolmen de Dombate

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Observación astronómica desde Borneiro
Observación astronómica desde Borneiro BASILIO BELLO

Serán esta semana, los días 14 y 15. Todos los contenidos estarán disponibles en línea desde el 3 de agosto

12 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Antonia M. Varela, Óscar Blanco, Xabier Pérez y Susana Malón serán los ponentes de la próxima edición de las aulas científicas A luz da ciencia dende o dolmen de Dombate, previstas para esta semana, días 14 y 15 (19.00 horas ambas jornadas). Versarán sobre la protección del cielo nocturno. Promovidas por el área de Patrimonio de la Deputación y comisariadas por Jorge Mira, estarán abiertas al público presencial, en ediciones anteriores muy limitado por el covid, y habrá incluso la posibilidad de participar en una observación nocturna. Además, todos los contenidos quedarán a disposición para su consulta desde el 3 de agosto, tanto en la web del organismo provincial con en la página web del Concello de Cabana. 

"A primeira das sesións estará dedicada á certificación de destino Starlight, un proceso no que está participando neste momento o territorio da Costa da Morte e que conta co apoio da Deputación da Coruña. Tras unha apertura institucional, encabezada polo deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, terán lugar dous relatorios. O primeiro leva por título Preservación do ceo nocturno e desenvolvemento sostible local e correrá a cargo de Antonia M. Varela Pérez, directora xerente da Fundación Starlight e enxeñeira superior do Instituto de Astrofísica de Canarias; e o segundo, Destinos Starlight: a paisaxe no ceo, irá a cargo de Óscar Blanco Varela, astrofotógrafo, socio fundador da Agrupación Astronómica Ío e director do Centro Astronómico de Trevinca. A sesión continuará cunha mesa redonda ao redor do desenvolvemento asociado ás certificacións Starlight e rematará, ás 23 horas, cunha observación astronómica desde o chan de Dombate. Na sesión do venres o primeiro relatorio versará sobre Contaminación luminosa: a desaparición da noite, a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e investigador en contaminación luminosa. Continuará coa inteverción Utilizando a tecnoloxía e luz artificial nocturna para iluminar sen contaminar a cargo de Susana Malón Giménez, CEO e directora de Lumínica Ambiental e membro da Junta de Gobierno do Comité Español de Iluminación, e rematará cunha mesa redonda titulada Como de realistas son as medidas de control da contaminación luminosa?", reseña la Deputación.