«Quero que a xente da miña xeración non vexa esta sociedade como unha cousa allea»

La Voz

CARBALLO

cedida

13 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Laura Méndez Rodríguez ten 29 anos, é carballesa e, desde o venres, presidenta do Casino. É a primeira muller en ter este cargo nunha sociedade nacida en 1889 e que ten edificio propio, na rúa Vázquez de Parga, desde 1924, que precisamente agora está en litixio. Dedícase á publicidade e a elaboración de contidos.

—Por que decidiu presentarse?

—Cando vin de Madrid xa me impliquei coa directiva na campaña polo xuízo, cando foi a primeira data. Creo que a xunta directiva leva facendo un esforzo importante e é o momento que de renovar por xente nova, que ten máis enerxía ou está menos saturada

—Colle o relevo case no peor momento, con xuízo pronto.

—Pero estou rodeada por eles, polos que estiveron ata agora. Non me vexo soa, senón moi arroupada. Víctor Lorenzo vai seguir e iso faime estar máis animada. Faime ilusión o proxecto, quero que a xente da miña xeración non vexa esta sociedade como unha cousa allea, quero que participamos en facer cousas, aínda que non esteamos tan implicados na parte de salvala.

—Por que pensa que debe ser salvada?

—Paréceme que é algo que non te das conta ata que non o ves o que implica, o valor que ten como edificio. Foron desaparecendo edificios e este ten tamén o valor como lugar de encontro. Vas a Madrid e ves o centro cultural La Casa Encendida e pensas por que non se valora a nosa riqueza, que é importantísima.