A festa das Letras Galegas continúa na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Viki Rivadulla
Viki Rivadulla ANA GARCIA

Son varias as citas contempladas na axenda deste venres 20 de maio: ¡tome nota! 

20 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis para a axenda de hoxe na Costa da Morte en torno ás Letras Galegas, a maiores das propostas de Carballo, Coristanco e A Laracha ou Corcubión. Anote:

Viki Rivadulla en Malpica

19.00 horas • Está sendo un feliz ano creativo e de exposicións para a muxiá Viki Rivadulla. Hoxe inaugura mostra en Malpica, no centro cívico: Carrexadoras. Apertura ás 19.00, na compaña de Emma Abella e Miguel Mato.

Contos en Cerceda

17.30 horas • Acolle a biblioteca municipal unha sesión para nenos a partir de 4 anos: Eloísa, unha poetisa, con Marisa Irimia. Reserva de praza no 981 685 001 (polas mañás) e no 981 685 253 (polas tardes).

Presentación en Cee

20.30 horas• Ayúdate que te ayudaré é o título da obra de María Lucinda Rey que hoxe se presenta na Casa da Cultura de Cee. Acompaña á autora Isabel Ares, de Ler Librarías.

Narración oral en Cabana

18.00 horas • A través do programa Ler Conta Moito chega á biblioteca María Baña a actividade de narración oral Bandullo azul: Filipa cos contos no 2022. Cómpre anotarse no teléfono 981 754 020.

«Golpes», en Vimianzo

11.00 horas • O Festival Escena Muller (FEM) chega hoxe ao auditorio de Vimianzo con Estíbaliz Veiga e os seus Golpes. Estíbaliz Veiga é actriz e pedagoga teatral pola UDC.