Os tesouros bibliográficos de Pumar Gándara xa están a dispor do público

CARBALLO

Público asistente á mesa redonda e, ao fondo, os participantes
Público asistente á mesa redonda e, ao fondo, os participantes BASILIO BELLO

Aberta e bendicida na sede parroquial a Aula de Pensamento que leva o nome do sacerdote

18 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Uns andeis cheos de libros na sede parroquial é unha mostra física do que pode ser unha parte do saber de Xosé Pumar Gándara, que doou a súa biblioteca ao público carballés para que se poida mergullar na sabedoría que o caracteriza a el. A bendición da Aula de Pensamento Xosé Pumar, que así se chama o novo servizo, polo párroco, Xosé García Gondar, foi precedido por una mesa redonda nas que participaron algúns dos seus amigos. Fina Rey presentou o acto.

García Gondar lembrou o que xa ten dito outras veces: «Pumar podería ter sido catedrático de Latín, Historia, Filosofía ou Teoloxía, director do arquivo diocesano, cóengo da Catedral, membro da Real Academia Galega, pero quixo ser crego». Sacerdote sabio humilde, honesto, humano, humanista, ilustrado, erudito, egrexio e sobre todo da estirpe dos bos e xenerosos, engadiron na mesa.

Xosé Manuel Varela lembrou o labor e o empuxe de Pomar para creación do Instituto de Estudos Bergantiñáns, do que foi presidente, e as peripecias para a presentación da súa obra Viaxe polo corazón de Bergantiños.

O seu amigo Xosé Antonio Andrade, avogado de Seavia, dicía que non é difícil imaxinar o que custa, emocionalmente, desprenderse dos libros e documentos que foron vieiro diario dunha singradura persoal como é o caso de Xosé Pumar, que esperaba un acto máis sinxelo, pese a sentirse agradecido. Apuntou o crego que unha biblioteca, da que «un vai disfrutando na vida», ten que ser coherente e indicou a necesidade de que teña un coidador.