O almanaque en torno ao 17 de maio trae un domingo de actividade á Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Prestou ben na tarde de onte acudir á área do río de Vaa, en Malpica, onde Galeatro ofreceu a función «Muiñada» e onde se levou a cabo logo unha visita guiada. Participaron medio cento de persoas, informou Concello.
Prestou ben na tarde de onte acudir á área do río de Vaa, en Malpica, onde Galeatro ofreceu a función «Muiñada» e onde se levou a cabo logo unha visita guiada. Participaron medio cento de persoas, informou Concello. BASILIO BELLO

Cabana, A Laracha, Cee ou Vimianzo teñen hoxe citas en torno ás Letras Galegas

15 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de O Dezasete do Couto, no cal se entregan hoxe os premios Bos e Xenerosos da Fundación Pondal, hai outras opcións para hoxe polas Letras Galegas na Costa da Morte

Cabana

Na Praza do Pendón loce un mural deseñado por Leandro Lamas, auxiliado no seu traballo por alumnado do CPI As Revoltas. Os traballos, encadrados no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e financiados polo Ministerio de Igualdade, comenzaron o luns. «Foi unha experiencia moi gratificante», dixo Lamas sobre a colaboración dos pequenos. O alcalde, José Muíño, celebrou unha iniciativa que achegou o arte aos rapaces e que, á vez, mellora a estética da localidade. Tamén en Cabana, na Casa do Pendón, continúa hoxe a experiencia teatral No mes das flores (16.00 horas).

A Laracha

Comeza o programa en torno ao 17 de maio cunha actuación das asociacións Santa María de Torás, Queiroga de Paiosaco e Arume de Caión: 18.00, Praza Olonne sur Mer. Un cuarto de hora antes, anunciou o consistorio, as formacións concentraranse na Praza do Concello, para saír de aí en pasarrúas ata o lugar da actuación.

Vimianzo

 VimiLetras na Praza do Concello, dende as 17.00, con actividades diversas para os máis pequenos. Teatro e música con Migallas, inchables, obradoiros varios...

Laxe

Complementado a ruta gastronómica Prémiate en Laxe, a compañía Elefante Elegante ofrece unha sesión de teatro en familia: Papatúm, ás 19.00, no salón de actos. 

Cee

Inclúe a vila no seu programa das Letras un novo , desta volta amenizado pola carballesa Rocío Pérez. De 19.00 a 22.00 horas, no polideportivo.