Ponteceso
Dentro do programa ODezasete, que promove a Fundación Pondal co apoio do Concello de Ponteceso, programouse para esta noite (22.30, Casa dos Veciños, donativo de 3 euros) un monólogo a cargo de Boniface Ofogo. Mañá, domingo, será día de ofrenda floral e de entrega dos Premios Bos e Xenerosos (12.30), acto complementado cunha exposición dos 40 anos das Festiletras. Para o martes quedará un recital poético, Dose de reforzo: Rosalía Fernández, Claudia Castro, Suso Lista, Alexandre Nerium e Xurxo Souto (16.30, na Casa dos Veciños). A función teatral de Badius (Baio), programada para o luns, tivo que ser aprazada, informou a organización.
Malpica
Presentouse onte a obra literaria Edénicas, de Andrea Fernández, gañadora do 16.º Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado pola entidade Caldeirón. O 27, ás 12.00, daranse a coñecer as bases da 17.ª edición do concurso.
Dous roteiros literarios
Coristanco programou para o 21 de maio o roteiro literario Asunción Antelo, itinerario narrativo polos espazos vitais e literarios da Rexoubeira de Bergantiños: Abellariza, O Carballal, Muíño Seco, Seavia... Nel, voces locais recitarán versos desta creadora de Segufe. Saída ás 10.00 dende o edificio de Servizos Múltiples. Necesaria inscrición: bibioteca@coristanco.gal ou 651 664 908. Doutra banda, no ciclo ODezasete pondaliano, Manuel Ferreiro, Felipe Senén e Félix Neira guiarán un roteiro comentado por Muxía.