Graduacións e concertos no Conservatorio carballés
Violín, trompa, trompeta, acordeón, piano, frauta ou guitarra foron algúns dos instrumentos que onte se puideron escoitar no Pazo da Cultura de Carballo con motivo da graduación de alumnos dos graos elemental e profesional do Conservatorio de Música. Ofreceron pezas ben diversas, tamén de música tradicional, como a Foliada de San Fins ou ca Ruada de Chamosa. Iso, ao lado de temas de Bach ou Chopin. Concertos e diplomas logo dun curso no que, como di o director do centro, Javier Bardanca, se foi capeando a sexta onda do covid como se puido. Por fortuna, xa todo con clases presenciais. A cita incluíase tamén dentro dos actos culturais polas Letras.