Tatiana Rellán: «Vir a Baio esta fin de semana será toda unha exquisitez»

Patricia Blanco
PATRICIA BLANCO CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana García

A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira impulsa unha nova edición de «Baio ten a pelota»: do 6 ao 8 de maio

05 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

En maio... a Baio! Con este xogo de palabras, a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira convida a achegarse á localidade, empregando para iso o gancho de Baio ten a pelota, combinación de comercio, hostalaría e moito máis prevista para este venres, sábado e domingo: días 6, 7 e 8. Será a sexta edición, a primeira logo da pandemia, e dela fala a presidenta da entidade organizadora, Tatiana Rellán (1985). Nacida en Cabana, de onde é seu pai, ten nai de Laxe e avoa materna de Baio Pequeno. Ben repartido.

—Será un ano especial?

—Todas as edicións son especiais, a todas lle teño moito cariño, pero si o será pola volta. Este ano temos tres bares que colaboran no tema das tapas, Casa Rogelio, Trébol e Río Grande, que farán un total de dez, e logo A Lareira, para ceas e comidas. O tapeo é importante para Baio ten a pelota. En canto ao formato non haberá grandes cambios, porque funciona, e o feedbak cos clientes é moi bo. Haberá do outro lado descontos nas tendas en prendas de nova tempada... unha boa ocasión para vir buscar outfit para vodas, bautizos, comuñóns...

—E liquidación de stock?

—Tamén algúns comercios o farán, incluso algunhas tendas dende a nova praza, cos artesáns.

—Téxtil, calzado... e que máis?

—Téxtil e calzado en Baio non poden faltar, pero haberá moito máis. Na nosa parafarmacia, por exemplo, descontos do 10 % en case todos os produtos ou segundas unidades a metade de prezo. A iso haille que sumar que ao longo desta semana xa temos establecementos colaborando no tema dos cuños: asesorías, despachos de avogados, clínicas de podoloxía ou fisioterapia, gasolineira... Reunindo catro optarase ao sorteo dun premio de 1.000 euros en vales de compra.

—O que o leve, lévao todo.

—Efectivamente! O bo de Baio ten a pelota é que aglutina a moitos sectores. No caso das tapas, falamos de preparacións elaboradas, máis alá do pincho gratuíto.

—Estrean a nova praza.

—Estrouse para a feira, para o feirón, e agora si, por fin para Baio ten a pelota. Alí estarán os artesáns e tamén haberá actividades infantís. Temos de todo para vir pasar o día enteiro en Baio, sumándolle ademais a animación da charanga NBA na zona de bares, tanto sábado coma domingo.

—E o de cadrar con Feirauto?

—Unha casualidade, e é algo estupendo, un motivo máis polo que vir a Baio. Achegarse aquí esta fin de semana vai ser unha exquisitez. Podes mercar dende un coche a un abrigo, uns zapatos, comer algo... A unión fai a forza, e teño que agradecer moito a todos aqueles que colaboran e traballan para que isto sexa posible.

—Como levan o tema de subida de prezos, a inflación, a luz...

—Sen clientes non hai comercio nin hai autónomos. Foi un golpe, e notouse, o medo fai que non gastes. Para a factura da luz aínda non chegou a solución máxica que ía vir... O que pasa é que cando sae un raio de sol a xente anímase, hai ganas de volver á normalidade e, precisamente polo tema prezos, se hai que comprar o momento é agora, aquí. E se se quere saír, sen tirar a casa pola ventá, o tapeo é unha opción económica, a dous euros a tapa...

—Canto leva na parafarmacia?

—Oito anos fará en decembro, e sete e medio na asociación. Este será o meu último ano na entidade. Dous mandatos son suficientes. Hai que dar paso a ideas novas, eu farei no tempo que me queda o que poida para situar a Baio no mapa, pero logo alguén terá que coller o relevo. Sexa quen sexa, como voluntaria, botarei unha man, como fixeron antes comigo.

—De onde lle vén o activismo?

—Meu pai e miña nai son moi proactivos. E eu sempre levantaba a man para ser delegada de clase [ri]. Hai que mirar por que ao veciño lle vai ben para que a min tamén me vaia. Un só non move xente. Xuntos, si. En Baio podes atopar de todo e, tendo un negocio, o egoísmo non funciona. Se algo non o teño eu miro se o ten a farmacia, ou en Vimianzo. Chamo, procúrolle unha solución ao cliente, vexo como o pode conseguir... Iso fai que o pequeno comercio sexa o que é.

—Sempre semella contenta.

—Existe todo o dereito a queixarse, pero eu sempre procuro verlle o lado positivo ás cousas. A miña nai nunca a vin triste. Esta vida é un suspiro. Cando un cliente entra pola porta quero que vexa ledicia, positivismo, enerxía. E teño unha máxima: a sinceridade. Non venderlles nada que non precisen. Como lle digo aos meus nenos, non facerlle a ninguén o que non che gustaría que che fixesen a ti. Ela vai para 11 e é tal cal unha Tatiana 2.0; el para 8, e ensinoume a ver a vida doutra maneira.

En detalle: todo lo que necesitas saber

Dónde y cuándo. En Baio: este viernes, sábado y domingo. Hoy, a las 20.30 horas, en las Torres do Allo, se presentará la iniciativa y también las tapas y el vino que se podrán degustar durante las tres jornadas de «Baio ten a pelota».

Qué. Descuentos en los comercios, artesanía, gastronomía, charanga NBA amenizando las horas centrales... También propuestas lúdicas para los niños: Praza Jorge Mira, el sábado de 16.00 a 20.00 y el domingo de 12.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00.

Para tapear y comer o cenar. Casa Rogelio, Trébol y Cervecería Río Grande ofrecerán, en total, 10 tapas: 2 euros la tapa, 3 si incluye quinto y 3,5 si se toma el vino en promoción. Para comer o cenar, colabora el restaurante A Lareira.

Las 10 tapas. En Casa Rogelio: Filloa rechea, Librillo Casa Roller, Salpicón Costa da Morte y Flan de chocolate. En Trébol: Tosta de boquerón, Tosta de panceta con queixo de Arzúa y Solomillo con salsa española. En Río Grande: Xamonciño de polo crocante con ensalada de patacas, Solomillo con champiñóns e patacas, Codillo estofado con guarnición.

Horario de las tiendas. De 10.00 a 14.00 y de 15.00 a 21.00 horas. Casi horario ininterrumpido, por tanto, de no ser por esa hora, de 14.00 a 15.00, para poder comer y reponer fuerzas.

Y además... No podía haber «Baio ten a pelota» sin un buen sorteo. Completando un cartón con el mínimo de cuños se entra en el sorteo de un premio único de 1.000 euros en vales de compra.