A actriz Tamara Canosa, finalista nos María Casares

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Jose Manuel Casal

Con raíces na Costa da Morte, a actriz concorre na categoría de mellor actriz protagonista polo seu papel na obra «Cigarreiras», de Contraproducións

28 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A actriz Tamara Canosa, con raíces en Camariñas e Sardiñeiro e con fonda vinculación a Cee, vén de ser nomeada aos Premios de Teatro María Casares na categoría de mellor actriz protagonista polo seu papel na obra Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea. Precisamente esta peza foi a que máis nomeamentos obtivo nesta vixésimo sexta edición dos premios, tal e como foi desvelado na tarde de onte nunha Festa de Finalistas que tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Pola súa banda, Talía Teatro obtivo unha mención na categoría de texto orixinal pola obra A parábola do Angazo. Os galardóns serán entregados o vindeiro 2 de xuño no teatro Rosalía de Castro (A Coruña).