A exposición sobre Labarta Pose chega ao IES Terra de Soneira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A exposición, durante o seu paso polo Labarta Pose
A exposición, durante o seu paso polo Labarta Pose

Será inagurada no centro polos alcaldes de Zas e Vimianzo, así como por representantes do centro educativo

04 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A mostra itinerante en torno á vida e a obra do escritor Enrique Labarta Pose, baiés, quedará inaugurada hoxe (12.25 horas) no instituto Terra de Soneira de Vimianzo. Ao acto acudirán o alcalde de Zas, Manuel Muíño; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e representantes do centro. A exposición chega a el da man de Chus Barbeira, mestra de Lingua Galega e responsable da biblioteca no IES Terra de Soneira. Aquí ficará instalada ata o 29 de abril, para logo ir á Coruña. O Concello de Zas lembra que a mostra está a disposición dos centros e organismos interesados.