Desiré Pillado, actriz: «Intento non pedir tickets porque se malgasta moito papel»

María Meizoso CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ecovoz 2022 | A pandemia afectou ao mundo da interpretación, pero Desiré, segundo dixo en Radio Voz, puido traballar no campo da dobraxe

14 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O paso da pandemia afectou a todo o colectivo de artistas, pero a actriz Desiré Pillado matiza que, no seu caso, «aínda que non estiven facendo ningún proxecto audiovisual, fago dobraxe e nese campo estívose traballando con bastante normalidade». Iso si, agora parece que «empezamos a remontar».

 —E no que nos ocupa en Ecovoz, os asuntos medioambientais, como se recoñece?

—Creo que son sensible a todo iso. Sempre se pode facer máis, pero nós na casa reciclamos desde sempre. Tamén procuramos levar bolsas de tela para ir á compra. De feito, ultimamente, doume conta de que esa costume tamén a aplico á hora de ir mercar roupa. E intento non pedir os tíckets porque se malgasta moito papel.

—Acabas de crear un horto urbano.

—Si, é o primeiro ano que o temos, así que estamos agardando polo que pase aí. Pero a idea é poder ter unha pequena plantación de tomates, pementos.... Comemos moita verdura e tratamos de mercar en tendas de produtos ecolóxicos, pero é certo que son más caros.

—De onde lle vén?

—O meu pai é xardineiro e mestre de bonsai e sempre estiven moi en contacto coa natureza. Si que é verdade que cando era pequena non se levaba moito iso, pero desde que son independente compórtome así.