—Cales?
—Un xesto importante para min foi facerme flexitariana. Encantaríame ser vegana ou vexetariana. Non son radical, pero para min foi un cambio, a decisión de intentar consumir a menor cantidade de alimentos animais posibles. O tema da reciclaxe e do consumo dos plásticos tamén o teño moi presente. Hai que cambiar o chip porque non é tan difícil.