Cada autor deberá enviar os seus textos identificados con un lema e un pseudónimo, acompañados por un sobre pechado cos datos persoais. Farán chegar os relatos á delegación de La Voz en Carballo (rúa Gran Vía, número 84, 1.º, 15100, Carballo). O prazo remata o vindeiro 28 de febreiro.
Segunda edición para os escolares dos concellos do Camiño de Fisterra e Muxía
Territorio Vákner é un certame literario que tamén ten apartado para escolares: Contos de misterio no Camiño. De feito, este foi o xermolo. A primeira e única edición [pode ler aquí os textos premiados] convocouse no 2020, mais a entrega de premios, pandemia de por medio, tivo que ser no 2021: gañou Deva Pérez de León, do colexio Montessori Compostela. La Voz de Galicia e Radio Voz, co patrocinio novamente o Concello de Dumbría e a Deputación da Coruña, veñen de convocar, agora, a segunda edición. Descubrir o talento literario e espertar a imaxinación entre os escolares dos concellos polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía (Santiago, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía) é o obxectivo central da iniciativa, á vez que seguir dándolle unha dimensión literaria ao encontro do bispo Mártiros co aterrador monstro Vákner.