«Os soños de Miguel», a novela máis recente de Iglesias Turnes

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

Publicada por Xerais, é unha novela ambientada nos setenta, anos de cambio de modelo na produción de leite

23 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Iglesias Turnes, autor de A Baña con fonda relación coa Costa da Morte, ten nas librarías novo traballo. Logo de As rapazas de Xan e de Que non te aten, este último un relato de gandeiros, o escritor vén de publicar Os soños de Miguel (Xerais), novela ambientada nos setenta, tempo no Galicia pasaba do autoconsumo a figurar entre as zonas europeas máis importantes en canto á produción de leite. Miguel, o protagonista, é un mozo novo, orfo de nai, criado polos avós con férrea disciplina. El, que se ve na obriga de levar o peso dunha casa de labradores, non deixa de soñar cun proxecto de vida que lle permita «habitar a aldea dignamente».