Presentado no Ézaro o libro sobre historias e lendas do monte Pindo, de Laura Suárez

Santiago Garrido Rial
S. G. Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O alcalde de Dumbría e o director de Galaxia acompañaron á autora nun acto celebrado debaixo da pérgola, preto da fervenza

16 ene 2022 . Actualizado a las 18:42 h.

Debaixo da magnífica, e aínda nova, pérgola do Ézaro, a uns metros da pasarela da fervenza e co Pindo case na beira, detrás da ensenada, presentouse hoxe pola mañá o libro ou álbum ilustrado Monte Pindo. Historias e Lendas do Olimpo Celta, de Laura Suárez, editado por Galaxia. Foi todo un acontecemento, non só literario, senón tamén social e veciña, posto que a autora, graduada en Belas Artes, ten a súa familia materna e paterna repartida entre varias parroquias dumbriesas.

Así que estivo moi arroupada, comezando polo alcalde, José Manuel Pequeño, nun acto que presentou a concelleira María Lema. Pequeño lembrou falou de Pepe do Fieiro e lembrou o seu traballo como guía e mantedor de nomes de pedras e lendas, clave tamén para autora. O alcalde tamén falou das súas vivencias co monte, sempre presenta nunha vida feita entre O Ézaro e antes A Ameixenda. Laura, cualificada como artista polo rexedor, relatou as súas subidas á Moa e o descubrimento de todo o que ten ese cumio, plasmado (aí viu a necesidade de facelo, posto que quedou namorada do lugar incluso dobremente) nun volume de lectura áxil, didáctica e agradable. Tamén falou o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, destacando a calidade da obra.