Cribados, galiñas confinadas, condenas e xeadas

Lupe Blanco

CARBALLO

Lupe Blanco
Lupe Blanco BASILIO BELLO

A REGUEIFA DA SEMANA, POR LUPE BLANCO | Boa parte da actualidade da Costa da Morte, na afiada ironía da coristanquesa

16 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Bo día para os que escoitan,

desde o coche ou o traballo,

e tamén para esa xente,

que andades confinados.

Toca facer o resumo,

do que leva acontecido,

noutra semana complexa,

de cribado indefinido.

Andan por aló no Fórum,

deixádeme que o transmita,

se ides facer o test

primeiro pedir a cita.

E veña test para todos,

hai que ter boa paciencia,

tampouco era mala cousa

facer un de intelixencia.

Que a onda esta do virus,

vai traer males maiores,

hai virólogos nos bares

e somos todos doutores.

Pois a cousa continúa,

xa o vou contar axiña,

se non tiñamos abondo,

confinamos ás galiñas.

Están en Zas e Vimianzo,

e tamén as de Dumbría,

non poden saír á horta,

acabóuselles a alegría.

Agora están confinadas,

non lles queda máis remedio,

que aplaudir ás oito en punto

na porta da capoeiro.

Pois agora é o que toca,

e teremos que coidalas,

aínda nos van dar a cita

para ir a vacinalas.

De momento esperamos,

a ver como van as nosas,

eu xa decidín poñerlle

unhas máscaras a todas.

A cousa non é de risa,

non vai pasar de contado,

pero aínda é peor

ver alcaldes condenados.

Rematamos estas coplas,

que ata aquí saíu moi ben,

disfrutade das xeadas

e ata a semana que vén.