O Samaín tamén chegou ao museo larachés de Golmar 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Un total de 16 pequenos participaron no obradoiro programado polo Concello

01 nov 2021 . Actualizado a las 23:13 h.

Tamén o Concello de A Laracha promoveu por estas datas un obradoiro de Samaín, neste caso no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, o museo de Golmar. Levouse a cabo este pasado venres e nel participaron 16 pequenos.