Manuel Quintana: «Canido e Carballo son os maiores expoñentes de arte urbana de Galicia»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

XOAN A. SOLER

A Real Academia Galega de Belas Artes inaugura este venres no museo de Corme unha exposición sobre o Camiño

15 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, é un dos espazos elixidos pola Real Academia Galega de Belas Artes para acoller a exposición itinerante Facer Camiño, promovida pola entidade con motivo do Xacobeo 2021 como unha maneira de relacionar a arte co Camiño de Santiago.

Nomes como o de Acisclo Manzano, Manolo Paz, Mencho Lamas, Xurxo Lobato, Miguel Anxo Prado ou Soledad Penalta participan nesta mostra, que recolle 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas ou fotografías.

Este venres, o presidente da Academia, Manuel Quintana, participará ás sete da tarde na inauguración da exposición, un acto no que tamén estará o alcalde de Ponteceso e a presidenta da Fundación Torre-Pujales. Despois, Xurxo Lobato impartirá a conferencia «Luces e cores no Camiño».