Nova remesa de Bos e Xenerosos na Fundación Eduardo Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Elena Ferro
Elena Ferro miguel souto

Son Elena Ferro, Quique Peón e Xurxo Souto, segundo se deu a coñecer nas últimas horas

05 ago 2021 . Actualizado a las 22:56 h.

A Fundación Eduardo Pondal, do Couto, en Ponteceso, deu a coñecer nas últimas horas os tres galardoados cos Premios Bos e Xenerosos neste ano 2021, do que foi merecedor no 2020 o artista Xabier Díaz. Desta entrega, como viña sendo habitual ata a chegada da pandemia, volven ser tres as persoas galardoadas. Trátase, en primeiro lugar, da artesá Elena Ferro, zoqueira, colaboradora das Festiletras dende as súas primeiras edicións, e sempre moi ligada a esta aldea.

Quique Peón
Quique Peón MARCOS MÍGUEZ

Será recoñecido, tamén, Quique Peón, director artístico de Xacarandaina, artista de longa traxectoria asemade de forma individual e sempre gran divulgador da riqueza de Bergantiños en canto a música tradicional, unha terra da que tanto el como ese consolidado grupo teñen bebido. Home de salitre é o terceiro dos Bos e Xenerosos 2021, o escritor, músico e contador de tantas e boas historias Xurxo Souto.

Xurxo Souto
Xurxo Souto BASILIO BELLO

Doutro lado, seguen coñecéndose rostros que estarán presentes nunha nova edición das Festiletras, previstas para inicios do mes de setembro. Mutante Creativo, María Canosa, Rosa Aneiros ou María Solar veñen a sumarse a Faíscas da Pontraga, Celso Fernández, Caldo, Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco, Fetén Fetén, Xosé Lois Romero & Aliboria, Guadi Galego... Do 1 ao 5 do vindeiro mes, a festa das letras será completa.