O instituto de Baio fai realidade o seu proxecto ambiental

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Instaláronse vinte paneis de madeira que identifican as especies árboreas plantadas no centro

23 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O equipo de dinamización lingüística do IES Maximino Romero de Baio leva varios cursos dedicándose a elaborar unha guía das árbores e arbustos autóctonos que hai no centro. Segundo detalla Carlos Fernández, neste presente por fin fixeron realidade a súa sinalización, con vinte paneis de madeira con placas de vinilo que, ademais de nome e ilustración, levan un código QR. Cando se inaugurou o instituto, había tres carballos centenarios e un par de ameneiros: nestes 26 anos, alumnado e profesorado plantaron acivros, abeleiras, bidueiros, érbedos, aciñeiras, castiñeiros, loureiros, buxos, nogueiras, cerdeiras... A plantación este ano mesmo se estendeu a unha finca anexa ao centro, cedida por unha familia de Baio e bautizada como O bosque das Letras e da Música. Trasladan dentro o centro que a educación ambiental é unha materia transversal.