Xosé Regueira: «O Parque do Megalitismo ten todas as fórmulas necesarias para triunfar»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Hoxe comezan, en Ponteceso, unhas xornadas para poñer en valor ao patrimonio megalítico como motor cultural da Costa da Morte. Reflexionan sobre isto Xosé Regueira, deputado provincial da área de Turismo, e José Luís Pérez Añón, presidente do Parque do Megalitismo da Costa da Morte

17 jun 2021 . Actualizado a las 04:14 h.

Xosé Regueira é o vicepresidente da Deputación e o responsable da área de Turismo. Reflexiona para La Voz sobre a importancia do patrimonio megalítico e da unión dunha decena de concellos para divulgalo.

-Megalitismo e Costa da Morte volvéronse dous conceptos indivisibles.

-Si, pero eu creo que dende hai xa moitos anos, pois lembro ter falado do Parque do Megalitismo alá xa polo 2002 ou 2003. Ten diferentes perspectivas e todas nos parecen fantásticas para traballar de cara ao futuro. Unha é claramente histórica, arqueolóxica, de estudo; outra cultural; outra turística e unha última de vertebración do territorio. En parte por isto, por ser un fío condutor, se sumaron concellos como Ponteceso ou A Laracha.

-Tamén é importante facer un labor de divulgación entre a poboación local, non só de cara ao visitante.

-Creo que, xunto coa adquisición das mámoas, ese é o gran reto: facer entender á sociedade que o que temos entre mans é dun valor incalculable. Non só se trata de que uns estudosos teñan interese por este campo, senón de que é unha gran baza cultural para o territorio e hai que tomar conciencia diso. Un elemento ten máis ou menos valor en función da alianza que teña coa sociedade, e neste sentido quédanos un traballo moi importante por facer, sobre todo na etapa escolar, para sentar bases e que a sociedade futura sexa consciente de que este parque ten que servir para [impulsar] a economía e vertebrar o territorio.

-Falou da adquisición dos terreos.

-Non é fácil, porque inflúe tamén a Lei do Solo, pero eu sempre digo que os problemas están para superarse e para buscar fórmulas. A Laracha, por exemplo, e a pesar de ser un dos concellos que non estaba incluído inicialmente no Parque, fíxose co monumento a través da expropiación [menhir de Erboedo], o que é unha moi boa nova. As fórmulas hainas que buscar. En Carballo cónstame que estamos dando pasos e que xa se puxo en coñecemento da oficina técnica a necesidade de poñernos xa co dolmen de Aldemunde. Malpica está tamén avanzando e despois están tamén os casos de Zas e Vimianzo, que teñen xa traballo avanzado.

-O Parque do Megalitismo foi unha das grandes apostas que dende a área de Turismo provincial presentaron hai uns días nunha feira sectorial de Barcelona.

-Traballamos un parque por territorio, todos moi importantes, pero creo que este ten todas as fórmulas e potencialidades necesarias para triunfar. Ten moita potencia turística, cultural e patrimonial, sobre todo polo aspecto lendario que o arrodea e que lle dou Eduardo Pondal. Ás veces non somos conscientes desa dimensión, pero claro que é un cabalo gañador. Hai que destacar que tódolos concellos, sexan da cor política que sexan, están tirando do carro coa mesma intensidade. Dá gusto traballar así.

ANA GARCIA

José Luis Pérez Añón: «Este tipo de xornadas son importantes para divulgar o que se está facendo»

José Luis Pérez Añón é, ademais de alcalde de Laxe, presidente do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

-Vostede participará hoxe nas xornadas promovidas pola Fundación Eduardo Pondal.

-Si. Hai que dicir que é moi importante que se fagan este tipo de xornadas, xa que é unha maneira de dar a coñecer o traballo que se está facendo. Trátase dun proxecto moi importante, ao involucrar a tantos concellos, que estamos traballando de maneira coordinada nunha iniciativa á que lle vemos moito futuro.

-Tamén ten as súas dificultades.

-Si, sobre todo os procesos de adquisicións dos monumentos. Son propiedades privadas e non é doado, xa que pode haber asuntos de herdanzas de por medio ou mesmo que a finca teña varios donos e que non todos estean de acordo en vender.

-En Laxe teñen feito algún avance?

-Si, falamos cos propietarios do dolmen do Aprazadoiro e estamos vendo a ver se podemos facer algún avance ao respecto. Son dificultades que nos vamos atopando polo camiño, pero ás que lle estamos intentando buscar solución.

-Tamén haberá outros restos aínda non descubertos, pero con moito potencial.

-Así é, e agardo que estas xornadas sirvan tamén para seguir explorando e buscando outros restos para así darlles o valor que realmente teñen. É unha boa oportunidade, e de seguro haberá máis monumentos en zonas ás que non accede ninguén, ou debaixo da maleza en calquera monte. Hai que traballar niso.

-Preside unha entidade que aglutina a concellos de moi diversas cores políticas, todos remando na mesma dirección.

-Esa é a clave, traballar todos por un fin común, independentemente da vida e das ideas políticas que cada un teña. Ten que primar o proxecto, non a ideoloxía, e eu creo que esa é a clave do éxito e da importancia que ten esta iniciativa. É multidisciplinar e tódolos alcaldes están amosando unha gran implicación. Hai que destacar tamén a función da Deputación, que lidera e coordina o proxecto.

-Haberá variedade de puntos de vista nas xornadas que hoxe comezan.

-Si: arqueólogos, investigadores e ata un físico. É moi interesante esa pluralidade de voces, porque nos axudará a coñecer mellor e en maior profundidade ese patrimonio que estamos defendendo.

-Sen ese contexto previo, resulta complicado obter todo o retorno dunha visita a un monumento megalítico.

-É imprescindible que nos expliquen a súa historia, para vivir o momento e para vivir o monumento.

-Apostarán, xa a nivel municipal, por este aspecto como factor desestacionalizador da actividade turística?

-É unha atracción máis, outra ruta para vir e coñecernos. Quero e desexo que isto teña futuro, e non só en canto á protección oficial, senón tamén no referido á divulgación e ao coñecemento.

Decenas de expertos pondrán de relieve el potencial megalítico

Estas jornadas, dirigidas a personal de turismo de los concellos y a entidades especializadas en el sector, así como a otras que manifiesten interés por el potencial megalítico, son promovidas por la Fundación Eduardo Pondal con el patrocinio de la Deputación da Coruña:

Primera jornada

Eduardo Pondal volverá a la vida de la mano del actor Suso Martínez, que dará la bienvenida a los asistentes desde el patio de la casa natal del bardo. Después, saludará el alcalde pontecesán y presidente de la Fundación Eduardo Pondal, Lois García Carballido.

Primera mesa redonda. Moderada por la periodista Cristina Abelleira, en ella intervendrán el arqueólogo Felipe Senén, la investigadora Rosario Valdés, el astrofísico César González-García y la investigadora Gail Higginbottom.

Segunda mesa redonda. En este segundo coloquio intervendrán la arqueóloga Goretti Sousa, la directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; el presidente del Parque do Megalitismo da Costa da Morte, José Luis Pérez, y el escritor Luis García Soto. Al finalizar, interpretación del himno gallego por parte de Irma Macías y paseo por los jardines de la casa natal de Pondal.

Visitas. En la sesión de tarde los participantes se trasladarán al Aprazadoiro (Laxe) para visitar la Fornela dos Mouros. Xan Fernández Carrera ofrecerá una explicación y el intérprete laxense Víctor García Pose interpretará unos temas de Zapata musicados por él mismo. Después, visita a Dombate, con intervención del arqueólogo José María Bello y el representante provincial Luis Jaime Rodríguez. Interpretación teatral de Os Quinquilláns y, musical, de Abraham Cupeiro. Puesta en común final en las Torres do Allo y, de nuevo, Os Quinquilláns.

Segunda jornada

Pedra Cuberta y Arca da Piosa. Primeras visitas del día, con Xosé María Lema como guía. Después, el acordeonista Álex Castro ofrecerá un microconcierto desde la Arca da Piosa.

Regoelle y Parxubeira. En el primer caso, Pablo Sanmartín hablará sobre los grabados en los dólmenes y también intervendrá la escritora Natalia Lema. En A Parxubeira hablará el profesor de Prehistoria Antón Rodríguez Casal. Para concluir la jornada, puesta en común en el Castelo de Vimianzo, con actuación de Os Quinquilláns y con un microconcierto de Irma Macías y Bieito Romero (Luar na Lubre).

Tercera jornada

Por tierras larachesas y carballesas. Desde la Praza do Recheo de Ponteceso, la comitiva partirá hacia el Marco da Anta de Erboedo, en donde hablará la arqueóloga Puri Soto. Después irán hacia Pedra Abaladoira, con la intervención del concejal larachés Jesús Souto, y hacia Soandres, con parada en el castro de Montesclaros. Antes de la hora de la comida, una última pausa en el dolmen de Aldemunde. Allí disertará Evaristo Domínguez Rial y recitará la poeta Rosalía Fernández Rial.

Hacia Malpica. Tras la pausa para la comida, los asistentes encararán la recta final de estas jornadas con una parada en el Dolmen de Cerqueda. Allí hablará Xosé Manuel Varela y actuarán las pandereteiras de Raigañas. Más tarde, en punta Nariga, será el turno del físico Jorge Mira. Para concluir, una puesta en común final en el Ecomuseo Forno do Forte. El broche lo pondrá el diputado provincial de Patrimonio, Xosé Luís Penas.