Poesía, música coa Banda da Loba e fotografía no Pazo da Cultura

La Voz

CARBALLO

As Letras seguen esta tarde en Carballo

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As Letras seguen hoxe en Carballo co espectáculo Por Xela!, no Pazo da Cultura, co entradas á venda en www.ataquilla.com.

Como explica o Concello, trátese dun proxecto poético e musical para celebrar a vida e a obra de Xela Arias. En concreto, tres das disciplinas vinculadas a esta escritora, a música, a poesía e a fotografía, estarán presentes da man do grupo A Banda da Loba; das poetisas Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro, Nuria Vil e Vanessa Glemsel, e dos retratos realizados pola súa parella, Xulio Gil, que onte estivo tamén en Carballo.

Ao longo dos temas musicais, igual que coa lectura dos poemarios, poderase ver a evolución de Xela como poeta. «A loita e o inconformismo, a experimentación cos límites da linguaxe, as imaxes poéticas, todo muda e todo permanece na súa poesía, converténdoa nunha das voces de referencia para as xeracións futuras», sinal no programa.