«Vals para ti», a homenaxe á enfermería da cantante ceense Rocío Caamaño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Estrearase o 12 de maio, Día Internacional da Enfermería. A cantante colabora neste tema con Juan Antonio Simarro

06 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A cantante e compositora ceense Rocío Caamaño colabora co produtor e compositor Juan Antonio Simarro para dedicar un sentido vals ao persoal de enfermería, como unha homenaxe polo seu esforzo, «cariño, proximidade, paciencia e profesionalidade» que demostran cada día, salientan os músicos.

A peza estrearase o 12 de maio con motivo do Día Internacional da Enfermería, cun vídeo no que participan profesionais sanitarios de diferentes hospitais, xa que eles, din, «son os verdadeiros protagonistas desta acción».

Trátase dunha «merecida homenaxe agora que por fin vemos a luz ao final do túnel», sosteñen Caamaño e Simarro, que botaron man dos seus coñecementos técnicos e sinfónicos para crear unha canción «de amor, positiva, elegante e feliz» coa que queren chegar aos corazóns desas persoas «que levan tanto tempo dándoo todo por nós».