Luciano Calvo: «Quedan 24 puntos en xogo e fáltannos 17 para subir a Segunda B»

O presidente do Bergantiños xa pensa no ascenso, logo de lograr o campionato na Terceira galega norte


Carballo / La Voz

O Bergantiños é dende este domingo campión do subgrupo norte galego da Terceira División de fútbol. Fíxose co título ao dispoñer de 47 puntos no peto a falta de dúas xornadas para completarse a primeira parte da competición. O presidente do club carballés, Luciano Calvo, analizou onte o inmellorable momento que vive o equipo.

-Como valora este título?

-Estou moi contento e orgulloso de que por fin nos clasifiquemos para a fase de ascenso e, sobre todo, cos bos resultados logrados en todo este tempo que nos levaron a ser campións. Esperamos con estes dous partidos que nos quedan de liga ter a suficiente vantaxe de puntos cos do outro grupo para competir polo obxectivo con máis posibilidades. Se o ascenso se pode dar nese primeiro intento de forma directa, mellor que ir despois ás eliminatorias. Nestes dous partidos imos intentar sacalos adiante. Sumar os seis puntos e incrementar a vantaxe de sete puntos que agora temos co Arousa sería un paso moi importante. Se eles teñen un fallo, mellor tamén de cara á segunda fase.

-Como está vendo ao equipo?

-Vexo moi ben ós xogadores, dende o primeiro ata o último. Toda a plantilla está dando un exemplo. Están ben dirixidos por Lemos e o preparador físico e o adestrador de porteiros, Iago e Yáñez, que están facendo un labor moi meritorio, fantástico. Entón, creo que é un conxunto de traballo entre os xogadores e o corpo técnico conseguir este nivel de xogo: vencendo e convencendo como equipo.

-Foi difícil chegar ata aquí?

-Se miras os resultados parece que foi fácil, pero sufrimos moito partido a partido. Sempre hai que ter moito respecto aos rivais aínda que estean mal clasificados porque está demostrado que calquera pode facer fronte aos de arriba. Sinto moito que equipos veciños nosos como o Paiosaco ou o Fisterra non puideran obter mellor clasificación e se vexan abocados a loitar pola permanencia.

-Lograron o primeiro obxectivo na que está sendo unha tempada atípica marcada pola pandemia.

-O covid obrigounos a nós e a outros conxuntos a xogar partidos entre semana, algo ao que non estabamos acostumados. Iso tamén ten un mérito a maiores, é un sobreesforzo, pois rompes o ritmo. O virus influíu moito na liga, pero, felizmente, nós soubemos evitar todos estes inconvenientes e o equipo respondeu moi ben. Estou moi orgulloso dos rapaces porque este domingo estiven con eles ao chegar de Fisterra e emocionoume o ambiente que tiñan. É un grupo moi bo, que se levan moi ben todos, é como unha gran familia.

-Agora empeza a segunda misión para o Bergan. Lánzalle algunha mensaxe á afección?

-Pídolle que apoie ó equipo. O próximo domingo xa imos poder aumentar a afluencia nas bancadas, sobre 300 persoas ou así. Entón, esperamos que veñan os socios e afeccionados a animar e a dar un aplauso moi grande por ter cumprido ese primeiro obxectivo que era a clasificación. Os rapaces necesitan ver ese apoio para estar animicamente ben na fase de ascenso. Agora si que o xogador número 12 ten algo que dicir.

-Máis que nunca, o Bergan ten ese desexado ascenso moi preto.

-Creo que si. Pódense torcer as cousas, pero temos todo máis ou menos na nosa man para que así sexa. A vantaxe co segundo da zona sur nestes momentos son 7 puntos. De 24 que están en xogo faltarían 17 para subir a Segunda B [uns puntos que non serán tantos dado que os rivais tamén caerán]. Teoricamente, vendo isto así parece que é fácil, pero hai que loitalos porque ninguén vai regalar nada e esperemos que se cumpra o obxectivo do ascenso.

El Bergantiños vence en Fisterra y se proclama campeón de liga a falta de dos jornadas

melissa rodríguez

Ángel López dimite como entrenador del equipo fisterrán luego de cosechar su cuarta derrota

El Bergantiños es campeón del subgrupo norte gallego de Tercera División a falta de dos jornadas para el término de la primera fase. Le bastaba con firmar el empate en el derbi en Fisterra o que el Somozas no ganara su duelo, algo que finalmente se dio, pues perdió 0-1 en su feudo contra el Racing Vilalbés. No obstante, los carballeses fueron a por los tres puntos y los lograron: 1-2 con goles de Cano y Lamelas, y de Herbert por el otro lado. Sigue aventajando al segundo clasificado, el Polvorín, en nueve puntos, puesto que venció al Silva por 0-3, y aumenta la distancia respecto al tercero, el Somozas, a doce. Es el segundo título en Tercera para el club veintisiete años después, aunque para repetir el hito del 1994, deben ganar, también, la segunda fase, pues ahora el formato cambió.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Luciano Calvo: «Quedan 24 puntos en xogo e fáltannos 17 para subir a Segunda B»