Tania Veiras, cantante: «Non soporto cando vexo a alguén tirar algo ao chan»

M. MEIZOSO CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Compaxina o seu traballo na TVG coa súa gran paixón, a música

08 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Non para. Agora compaxinando o seu traballo na TVG coa súa gran paixón, a música. Tania Veiras falou a pasada semana no programa Ecovoz de proxectos profesionais, pero tamén de pequenos xestos no seu día a día.

-Segue a percorrer Galicia, neste caso, como reporteira.

-Si, todos os sábados en directo. A pesar de que a música está totalmente parada por esta pandemia, e eu estaba acostumada a percorrer Galicia co meu grupo, síntome afortunada por poder compaxinalo. O 2020 fun empalmando un traballiño con outro e, agora mesmo, só estou no programa Que nos pille rebolando, pero estou moi contenta. Iso si, estou desexando que regrese esa época de poder bicar e abrazar.

-E que ves cando pateas Galicia? Coidamos da nosa terra?

-Creo que nos queda moito por mellorar. A min gústame moito saír ao monte e, aínda non hai moito, atopei catro neveiras alí tiradas. Co bonitos que son os nosos montes, que facemos enchéndoos de lixo se temos os puntos limpos?

-No seu caso, que fai?

-Quédame moito, porque o ritmo de vida nos lévanos a cometer erros, pero cambiei en moitas cousas. Por exemplo, non soporto ver que alguén tira algo ao chan nin consumo bolsas de plástico. En xeral, intento mellorar e ir incorporando hábitos.