Teatro dende a Cidade da Cultura para promover o uso do idioma entre os máis cativos

C. D CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Baobab teatro en A Laracha
Baobab teatro en A Laracha ANA GARCIA

Política Lingüística conmemora hoxe o Día Internacional da Lingua Materna cunha actividade que será retransmitida de forma virtual

21 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Política Lingüística conmemora hoxe o Día Internacional da Lingua Materna cunha actividade familiar de dinamización lingüística dirixida especialmente aos máis pequenos. A iniciativa será retransmitida dende as 11.00 horas até as 12.00 de forma virtual dende a Cidade da Cultura.

Os encargados da medida son Baobab teatro, que representarán Puño, puñete, unha proposta que inclúe cantos, contos e xogos para desfrutar dunha hora de aprendizaxe de xeito divertido. Trátase dunha actividade baseada no xogo tradicional Puño, puñete, que tes por dentro? Pan e fermento. Puño, puñete, que tes por fóra? Pan e cebola, que pretende poñer en valor e promover a lingua galega e a súa transmisión interxeracional. O encontro virtual estará conducido pola xornalista Esther Estévez e contará coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.