Susana Sampedro, actriz: «Teño gañas de que chegue ao barrio o contedor para compostar»

m.m. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

cedida

Forma parte do elenco de «Método criminal»

15 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Forma parte do elenco de Método criminal, a nova serie de Voz Audiovisual para a TVG. A actriz Susana Sampedro tamén foi unha das protagonistas da última edición programa Ecovoz.

-Boísima acollida por parte da audiencia. Que ten esa ficción que enganchou tanto ao público?

-Ten de todo. A verdade é que unha serie diferente. Nunca se fixera nada así en Galicia. Hai moitas moitos que fan que os espectadores a sigan. Por exemplo que é unha comedia negra. Ata o de agora houbo moitas comedias marabillosas, pero este xénero non era habitual. Tamén destaca porque hai actores que facemos de nós mesmos.

-E moita risa.

-Moitísima. Eu sempre digo que nos rimos moitísimo facéndoa, as veces tiñamos que parar de gravar. Oxalá a xente ría a metade que nós.

-A Susana da realidade. Como se comporta nisto do coidado do noso entorno?

-Creo que fago as cosas ben. Dende hai anos reciclo. De feito, teño gañas de que chegue ao meu barrio ese cuarto contedor de produtos compostables. Sempre hai que aprender e mellorar. Pero si o teño moi presente neses pequenos xestos como non gastar moita auga. Levo moito tempo intentando comprometerme co medio ambiente, coa natureza e coa nosa terra nai.

Sampedro é unha das intérpretes da nova serie Método criminal que emite a TVG