Un documento para a historia do fútbol da Costa

A acta fundacional da entidade remóntase ao 5 de abril de 1964, sete días antes de primeira xornada da competición dese ano

Imagen del Baio-Soneira de la temporada pasada
Imagen del Baio-Soneira de la temporada pasada
X. mº. Rei Lema

O día primeiro de ano atopamos entre os papeis soltos de José Mª Lema de La Iglesia (1923-2002) unha copia mecanografada da acta fundacional do C.D. Baio, datada o 5 de abril de 1964, sete días antes da primeira xornada da Liga da Costa (12.04.1964).

El documento fue encontrado el día 1 de enero
El documento fue encontrado el día 1 de enero

Polo que se di nela, o obxecto da reunión era darlle corpo legal («aceptación y toma de posesión de los cargos») a outra anterior na que resultaran elixidos os membros da directiva que despois se indicaban, que eran os seguintes: Presidente: Manuel Pérez Maroño; vicepresidente primeiro: Evaristo García Allo; vicepresidente segundo: Isidoro Pardo Gómez; vicepresidente terceiro: Manuel Leal Varela; secretario: José Luis López González; vicesecretario: Antonio Platas Reinoso; tesoureiro-contador: Cándido Fuentes López; vicecontador: José Rojo Valiña; vocais: Enrique Fernández Díaz, Francisco Alcaraz Porteiro, José Mª Lema de la Iglesia, Maximino Sousa Pérez, Ángel Costa Amor e Evaristo Fuentes López. Homes ben coñecidos na vila pola súa participación na organización de actividades deportivas, festivas e culturais.

Nomes destacados

O médico Manuel Pérez Maroño foi o primeiro presidente, tal como salientamos no noso libro 50 anos da historia do fútbol da Costa, do 2015, no que tamén consta na maior parte dos nomes desta primeira directiva, aínda que temos que recoñecer algúns cargos estaban cambiados de sitio; tales imprecisións debéranse a que os datos se recolleran oralmente, e está visto que non sempre a memoria humana atina con certeza.

Non podían faltar nomes coma os do mestre Antonio Platas -de quen tomaría o nome o campo municipal, inaugurado en 1990-, Evaristo García e Francisco Alcaraz, que xa figuraban en directivas previas á federación do club; xunto con Manuel Veloso -estraña a súa ausencia nesta lista- foran os virtuais fundadores do club a finais dos anos cincuenta.

Na temporada seguinte accedeu á presidencia José Mª Lema de la Iglesia, que botou no cargo de 1964-65 a 1973-74, un total de nove campañas, a presidencia máis lonxeva da historia do club, case sempre co avogado José Luis López de secretario, que o sucedería no cargo na tempada 74-75. Boa parte dos que aparecen neste documento seguiron formando parte de sucesivas directivas.

Coa presente temporada 2020-2021 en branco pola infausta pandemia -na que tiñamos o orgullo de contar por vez primeira cunha presidenta, Rebeca Facal (neta, por certo, do vogal Evaristo Fuentes)- o club contabiliza un total de 59 campañas oficiais de existencia, e este logro debeuse ó esforzo de sucesivas xuntas directivas e de xogadores que puxeron o seu gran de area.

Un club modesto

Sempre facemos fincapé que unha cousa é ser directivo dun club de fútbol profesional e outra dun modesto: De aí a nosa «manía» de poñer en valor o segundo, pois non sempre se fai; abonda con lembrar a exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol (Cidade da Cultura, 2019), que ignorou o fútbol afeccionado. Nin que dicir ten que lle procuraremos un lugar preferente a esta acta no patrimonio documental do C. D. Baio, e confiemos en que axiña volvamos á normalidade e non sufra máis interrupcións a historia do fútbol da Costa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Un documento para a historia do fútbol da Costa