A Fundación Pondal, imparable

Julián Fernández

CARBALLO

BASILIO BELLO

Incluso nos tempos do covid desenvolveu unha incesante actividade

13 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Nin sequera o covid impediu que a Fundación Eduardo Pondal desenvolvese neste ano de pandemia unha incesante actividades. A entidade celebra hoxe o seu 13.º aniversario e fai reconto do principal acontecido neste estraño 2020.

Comezou o ano coas últimas propostas da Escola de Inverno, con robótica, ciencia, teatro e actuacións musicais para a rapazada e mocidade de 3 a 16 anos. Tamén nese mesmo mes seguiu o Espazo Educar, para profesores e familias, con expertos do máximo nivel como Juan de Vicente Abad ou Juan Vaello. Houbo actividades complementarias para o alumnado.

ANA GARCIA

BASILIO BELLO

Febreiro foi o gran momento das Aulas Científicas Parga Pondal, co Día da Nena na Ciencia, a presentación do proxecto Cansat e as rutas Maker. E en marzo sobresaíron os actos do Día da Muller, con encontros no CEIP Eduardo Pondal e a Casa da Mulller, que inclúe cursos de cestería, encaixe, teatro ou informática e conferencias, presentacións, como a de Vacún de Galicia, regueifa o ximnasia de mantemento.

BASILIO BELLO

ANA GARCIA

Abril foi o mes do confinamento e a Fundación mantivo aceso o lume nas redes. O peche continuou, pero, aínda así, as Letras Galegas tiveron a súa celebración virtual, co gran Maratón virtual no que participaron os principais músicos e artistas que ían participar no programa. Miles e miles de persoas seguiron os vídeos e as mensaxes dos participantes. De tódolos xeitos, houbo ofrenda floral e as campás tocaron a cultura, da man do párroco.

BASILIO BELLO

BASILIO BELLO

Xullo foi para Saberes de Muller, coa realización do documental de Omar Rabuñal así titulado, e en agosto volveu a Escola de Verán, coas medidas anticovid moi presentes e os nenos participantes dando exemplo de cumprimento de distanciamentos, burbullas, hixiene e medios de protección.

Un outono moi completo cun frenético programa

Setembro foi un gran mes. As Letras Galegas volveron ás eiras de O Couto, con charlas, actuacións, obradoiros, Aldeas Singulares e os concertos de Xabier Díaz e Sés, ademais do Campamento científico.

Outubro chegou coas Follas de Outono, entre as que destacou o Foro de Desenvolvemento do Esteiro do Anllóns. Seguiron en novembro, co Foro da Madeira, a Cova Céltica, proxección dos documental 25N Saberes de Muller e obradoiro de Xabier Díaz. E continúa decembro cun intenso programa.