Dúas actividades do Correlingua, hoxe, no colexio de Zas 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ADRIÁN BAÚLDE

Rapaces do grupo Terzas lerán o seu manifesto e haberá ademais un concerto de Monoulious DOP

30 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Correlingua, proxecto impulsado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística e CIG-Ensino, chegará hoxe a Zas (13.30 horas). Dun lado, rapaces do grupo Terzas, que no pasado curso gañaron o concurso de textos desta iniciativa, poderán ler o seu manifesto #VinteCoaLingua. Doutro, levarase a cabo no colexio da localidade o concerto de Monoulious DOP. Tanto unha cousa como a outra serán retransmitidas vía YouTube, e sempre respectando protocolos anticovid e máis aforo. As actividades desta 20.ª edición do Correlingua foron aprazadas na primavera a causa da pandemia, pero recuperadas agora neste mes de novembro.