Unha alumna do colexio Montessori gaña o concurso «Territorio Vákner»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Recreación do Vákner
Recreación do Vákner CÁNDIDO PAZOS

CERTAME LITERARIO DE LA VOZ | Segundo e terceiro premio foron para os centros Peleteiro e Agro do Muíño. Entre os dez traballos seleccionados hai catro do Santa Eulalia

27 nov 2020 . Actualizado a las 22:40 h.

«Un laído ronco e tristeiro saeu das entrañas da fraga. O rachón ardía na lareira...». Así comeza Vákner, o texto co que Deva Pérez de León, alumna de sexto de primaria do colexio Montessori de Santiago, vén de gañar a primeira edición do concurso Territorio Vákner: Contos de Terror no Camiño, organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz, co patrocinio do Concello de Dumbría e a colaboración dos concellos do Camiño de Fisterra e Muxía. O relato desta estudante acadou a maior puntuación, logo das valoración emitidas polos membros do xurado, que integraron o historiador, divulgador e especialista no Camiño Antón Pombo; a edila de Dumbría María Lema; o delegado de La Voz de Galicia en Carballo, Xosé Ameixeiras, e a xornalista Patricia Blanco.

Cayetana González San Luis, estudante no centro Peleteiro de Santiago, fíxose co segundo dos galardóns, neste caso por O monstro Vákner. En terceiro lugar quedou o texto Pelos na almofada, un inquedante traballo de Julia Abelleira Ferreiro, alumna do colexio Agro do Muíño de Ames. Haberá diplomas, tamén, para os sete seguintes traballo que máis puntuación obtiveron. A entrega dos premios, prevista para o 28 deste mes, está de momento aprazada pola pandemia. Estes son os dez seleccionados: 

  • Primeiro premio. «Vákner», de Deva Pérez de León. Colexio Montessori (Santiago).
  • Segundo premio. «O monstro Vákner», de Cayetana González San Luis. Peleteiro.
  • Terceiro premio. «Pelos na almofada», de Julia Abelleira Ferreiro. Colexio Agro do Muíño (Ames).
  • Cuarto premio. «O Vákner en Dumbría», de Naiara Túñez Trillo. Colexio Santa Eulalia (Dumbría).
  • Quinto premio. «A lenda da nena do Camiño», de Zoe Glasscock. Agra do Muíño
  • Sexto premio. «A expedición», de Martín Matas Sánchez. Colexio Peleteiro (Santiago)
  • Sétimo premio. «Terror no Marco do Couto», de Carla Canosa Méndez. Santa Eulalia
  • Oitavo premio. «Vákner», de Pedro Crespo Canabal. Colexio Peleteiro.
  • Noveno premio. «O Vákner», de Paula Martínez Cancela. Colexio Santa Eulalia.
  • Décimo premio. «O Vákner», de Asier López Álvarez. Colexio Santa Eulalia

Unha dimensión literaria para o encontro do bispo Mártiros con este monstro

Alumnos de quinto e sexto de primaria eran os destinatarios deste certame literario promovido por La Voz e Radio Voz, impulsado co obxectivo de descubrir talento e esperar a imaxinación entre os escolares dos concellos polos que pasa o Camiño de Fisterra e Muxía, isto é, Santiago, Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía. Ao mesmo tempo, o concurso nace coa idea de darlle unha dimensión literaria ao feito histórico acaecido no 1493, cando o bispo Mártiros de Arzendján, armenio, se enfrontou en terras dumbriesas a un monstro, Vákner. Esta historia chegou a través dos contos coas narracións máis diversas, unhas contemporáneas e outras atrás no tempo. Queda aberta, agora, outra convocatoria literaria, o veterano certame Contos de Nadal, tamén de La Voz.

Catro dos dez textos máis puntuados chegaron de Dumbría

Non foi doado para o xurado elixir entre os textos presentados: case 90 traballos chegaron de sete colexios: CEIP Raíña Fabiola (Santiago), Santa Eulalia (Dumbría), Mar de Fóra (Fisterra), Peleteiro (Santiago), O Coto (Negreira), Agro do Muíño (Ames) e Montessori (Santiago). Nesta primeira edición do certame o colexio dumbriés pisou forte, en tanto que catro dos dez textos seleccionados chegaron dende este centro. O Peleteiro logrou facerse con tres postos; o Agro do Muíño de Ames, con dous; e o Montessori, con un, o primeiro premio.

Orixinalidade, creatividade e estrutura literaria foron algúns dos criterios tidos en conta.

Os dez traballos premiados

  • Primeiro premio. «Vákner», de Deva Pérez de León. Colexio Montessori (Santiago).
  • Segundo premio. «O monstro Vákner», de Cayetana González San Luis. Peleteiro.
  • Terceiro premio. «Pelos na almofada», de Julia Abelleira Ferreiro. Colexio Agro do Muíño (Ames).
  • Cuarto premio. «O Vákner en Dumbría», de Naiara Túñez Trillo. Colexio Santa Eulalia (Dumbría).
  • Quinto premio. «A lenda da nena do Camiño», de Zoe Glasscock. Agra do Muíño.
  • Sexto premio. «A expedición», de Martín Matas Sánchez. Colexio Peleteiro (Santiago).
  • Sétimo premio. «Terror no Marco do Couto», de Carla Canosa Méndez. Santa Eulalia
  • Oitavo premio. «Vákner», de Pedro Crespo Canabal. Colexio Peleteiro.
  • Noveno premio. «O Vákner», de Paula Martínez Cancela. Colexio Santa Eulalia.
  • Décimo premio. «O Vákner», de Asier López Álvarez. Colexio Santa Eulalia.