Manuel Castelao defendeu a Pondal das desconsideracións ás que se ve sometido

O autor de "A máquina ousada, Pondal e a Literatura" participou nunha Cova Céltica en O Couto (Ponteceso)


O cabanote máis literario de Galicia é o mellor escenario contra o coronavirus. Alí, ao aire libre, celebrouse o sábado unha Cova Céltica, na que Manuel Castelao Mexuto explicou a motivación e o contido do seu libro A máquina ousada, Pondal e a Literatura.

Castelao Mexuto atopouse con Pondal alá polos anos 80, cando para el a relación coa literatura tiña un certo aire de relixiosidade. Amante da intimidade do lector coa obra poética, criticou certa tendencia, sobre todo nalgunhas aulas universitarias, a comportarse militarmente no estudo das obras e dos autores. Chamoulle a iso facer «literatura forense».

Comentou que cando chegou a Pondal foi encontrarse o «pan coa fame». Utilizou para moitas publicacións o pseudónimo de Castro Romay, un dos compañeiros de Eduardo Pondal na escola de Nemiña e que o bardo inmortalizou nun dos seus poemas.

Non deixou de pasar a ocasión de criticar aos que atacan ao autor de Queixumes dos pinos. «Pondal era e é un xigante e nós somos uns ananos», afirmou, polo que non se pode «cuspir nos pés dese xigante». Pondaliano convicto, tachou de «disparate» dicir que o autor do himno galego era machista ou racista. «Raza» para o poeta bergantiñán era «pobo galego». Tivo que loitar, dixo, «contra unha atmosfera abafante», utilizou a literatura como un «instrumento para cambiar o mundo» e construíu a súa obra sobre a vontade, os propósitos e o ideal. «Pondal é para viciosos, dá moito de si», concluíu.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Manuel Castelao defendeu a Pondal das desconsideracións ás que se ve sometido