Charo Pita gaña a 15.ª edición do certame Illas Sisargas malpicán

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MARTINA MISER

Presentou a obra «O cuarto de Jane». Laura Ramos Cuba, doutro lado, mereceu o accésit

09 nov 2020 . Actualizado a las 21:31 h.

A 15.ª edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas, convocado pola asociación Caldeirón e o Concello de Malpica, xa ten gañadora. O xurado elixiu a obra O cuarto de Jane, que resultou ser de Charo Pita, escritora, actriz e narradora oral (A Coruña, 1966). «Foi escollida unanimemente por ser un libro transgresor, pola súa beleza e pola frescura coa que se aborda o erotismo, sempre forma directa, sen complexos, libre», consta na acta. Engaden que se trata dun poemario «moi ben construído, radicalmente heterodoxo, protagonizado por mulleres e onde a poesía brilla na transparencia de cada verso».

Para Pita non é o seu primeiro galardón, como tampouco o é no caso de Laura Ramos Cuba, graduada en xornalismo e comunicación audiovisual, cuxa obra Rascamaceiras foi merecedora do accésit neste 14.ª edición do certame.

Laura Romero
Laura Romero

Ambas obras serán publicadas por Caldeirón na colección Illas Sisargas. Integraron o xurado Paco de Tano, poeta e presidente de Caldeirón; Leticia Naya, edila de Cultura, e Medos Romero, gañadora o pasado ano con Peixes que esvaraban ao unísono. Esta obra debería presentarse na Cea das Letras 2020, mais a cita ten que ser adiada polo covid. Está, iso sí, nas librarías. Caldeirón tamén publicará estas dúas obras agora premiadas, baixo a colección Illas Sisargas.