Ciencia e poesía en Baio na compaña de Estíbaliz Espinosa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Escritora, filóloga, tradutora, socióloga e divulgadora científica, visitou o IES Maximino Romero de Lema.

06 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O instituto Maximino Romero de Lema de Baio recibiu este pasado mércores á escritora, filóloga, tradutora, socióloga e divulgadora científica Estíbaliz Espinosa. No Día da Ciencia en Galego, trasladan desde o centro, reflexionou cos rapaces sobre a conxunción poesía e ciencia: «Ambas nacen da necesidade de explicar o noso mundo, os nosos sentimentos, o lugar no que nos atopamos», díxolles. baixo o epígrafe Sete constelacións que xa non son invisibles, faloulles de científicas silenciadas no seu tempo por facer ciencia nun mundo masculino: «Entre estas mulleres destacan a poetisa e astrónoma Wang Zhenyi, Jocely Bell Burnell, Caroline Herschel ou a galega Antonia Ferrín Moreira, autora da primeira tese en astronomía defendida por unha muller en España», trasladan desde o instituto. Estíbaliz reivindicou, ademais, unha divulgación científica en galego. Animou a comprometerse co mundo.