Un outono activo para María Canosa: escritura e participación

Unha das súas paradas próximas na comarca será o encontro en torno a Rosalía de Castro, no Parador de Muxía


A escritora ceense María Canosa non só é unha das autoras máis prolíficas da Costa da Morte, senón unha das máis participativas. Xa hai unhas cantas semanas que, na súa vila natal, imparte un taller de creación literaria que axiña rematará, pero ademais son diversas as citas previstas en presentes e futuras datas. Unha delas, tamén na Costa da Morte, será o vindeiro sábado, cando tome parte nunha xornada en torno a Rosalía de Castro e a súa relación coa comarca: no Parador de Muxía. Mañá mesmo, doutro lado, participará no Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil Sen Tabús: ler para pensar, previsto na facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Tamén os faladoiros de Ciencia de Afundación TV contaron con ela, ao igual que con Andrea Muras.

Non só iso, senón que amosou ademais, onte mesmo, que a física pode ser divertida: falou de construcións, de novo, da man de Afundación. Uns días antes, coa Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e a proposta #LeoAutorasOct, puido coñecerse máis da súa obra O lado do que dormes: era o Día das Escritoras.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un outono activo para María Canosa: escritura e participación