Belém Tajes, seleccionada pola Fundación Paideia, para unha residencia artística

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

A artista camariñá participou estes días na experiencia xunto con outros dous artistas

13 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A cantante camariñá Belém Tajes, ex vocalista do grupo folk Luar na Lubre, foi seleccionada pola Fundación Paideia, xunto con outros dous artistas, para participar na residencia artística-creativa «Mans. Xuntanza Creativa» con visos ao Xacobeo 2021.

A iniciativa desenvolveuse na Coruña nos últimos días e tivo por obxectivo a creación dun tema en galego que bebese da tradición, pero que tamén incorporase elementos contemporáneos.

Sofía Espiñeira e Los Jinetes del Trópico foron os outros dous artistas seleccionados para compartir esta experiencia xunto con Belém Tajes, que se amosou emocionada pola escolla.

Xuntos, traballaron durante varios días nos Estudos Mans, comezando por unha tormenta de ideas da que xurdiron moitas palabras inspiradas na tradición e na cultura galegas. Para o segundo día tiñan xa o proxecto encauzado ao 50 %; e para o terceiro comezaron a engadir «texturas e cores». «Non queremos adiantar moito», dixeron os participantes, «pero vén unha canción chea de sentimento e identidade que cantaremos ao unísono e dará nome ás nosas lembranzas», aseguraron. Pronto se poderá escoitar.