O ceo sobre Dombate, toda unha descuberta

OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS | Esta noite será a terceira en Cabana. Tamén hai unha proposta deste tipo en Malpica


Carballo / La Voz

«Foi unha experiencia boísima», dá cadra o físico baiés Jorge Mira, encargado dende hai 18 anos de guiar unha das actividades con máis demanda do verán cabanés, a da Noite de estrelas. Observacións do ceo que, este ano, houbo que mudar algo a causa do covid: tres sesións para dar cabida aos moitos participantes (o aforo xa está completo) e, no canto de ir de ruta, tocou deitarse sobre o chan de Dombate, ceo sobre un. «O da xente tombada mirando cara arriba foi unha descubrimento», di Mira, quen referencia que na noite inicial, a do mércores, despexou un pouco, mais logo ficou cuberto.

Aínda así, a xente quedou contenta do visto e do oído, porque o guía falou, por exemplo, da orientación astronómica do dolmen: «O corredor de entrada está orientado ao solsticio de inverno de cando se fixo o megálito», explica. Non só iso, senón que unicamente deixaron pinturas na zona que alumeaba o sol, indica. Foron unhas 80 as persoas participantes nesa xornada primeira. Na segunda, a de onte, estaba prevista tamén a asistencia do astrónomo venezolano Orlando Naranjo, descubridor de varios planetoides e asemade codescubridor do cometa Shoemaker-Levy.

Hoxe, tamén en Malpica

Ademais da terceira sesión de hoxe en Dombate, donde o espazo é amplo dabondo como para gardar sobradamente as distancias de seguridade, tamén en Malpica se promove para esta noite unha observación, da man da entidade Salitre: parte teórica no centro cívico, ás 20.30, e subida posterior ao Monte Neme. Custa 10 euros e os interesados poden consultar prazas no 610 696 367 e no 603 741 747.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O ceo sobre Dombate, toda unha descuberta