Un mundo sen facer para a mocidade

Cristovo Camiño

CARBALLO

26 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Asociedade está esquecendo o seu maior valor: a xuventude. Sobre todo, dos mozos de quince a vinte anos. Se ben habería que empezar a atención dende os oito. Din que a xuventude é o futuro, pero o que eles ven é negro: paro e poucas opcións de demostrar a súa valía, os coñecementos e as ganas de devolver á sociedade o que investiu na súa formación. Teñen demasiada paciencia. E xa entre nós habería que preguntar: Que tanto do orzamento invisten os concellos nos adolescentes e mozos? E que non falen de escolas deportivas e informática (só faltaría). A xuventude necesita moito máis, que a valoren, que ofrezan propostas e alternativas. E non só un día. Os maiores teñen viaxes, comidas de balde, ximnasias, tarefas ocupacionais e moitas outras. Está ben e fan falta. Pedro, claro, estes votan e hai que telos contentos. Os adolescentes, non.

E os máis novos que? Que autoridade convocou algunha vez unha reunión con mozos para saber as súas inquedanzas? Non o fan porque igual non teñen respostas que lles dar. Este tema necesita una renovación urxente. A participación xuvenil mellora a convivencia. Deberían facer caso dos técnicos para sacar programas axeitados. Non o fan. Clubs de tempo libre, ocio educativo, programación anual de actividades de lecer, diversión san, educación en valores, hábitos, desenvolvemento sostible, participación, relacións, espazos interxeracionais, debates sen tabús, coñecer e gozar do entorno... E sensibilidade, moita sensibilidade. Levalos ao cine, ao teatro, a concertos, a parques de atraccións, a viaxes... Un mundo por facer.